Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

1ª Cata solidaria Bodeguilla

14/12/2018 · Las Bodeguillas

Estamos a rematar éste ano 2018, é presentamos a nosa última actividade anual, nestas datas tan emotivas e agarimosas (deberian ser), aportamos o noso graniño de solidaridade, realizando a nosa "1ª Cata Solidaria Bodeguilla" donde todo o recaudado será doado a unha asociación da contorna de Santiago de Compostela, nesta ocasión para a "Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia" ASANOG.
O vindeiro martes día 18 contamos con JOSE MIGUEZ que realiza un curso de cata e corte de Xamón Ibérico CASTRO & GONZALEZ de Guijuelo, CRISTINA MURGA para presentarnos os espumosos que elabora na Ribera Sacra, SINDA un espumoso de Sousón elaborado en rosado é tamén CHRIS espumoso elaborado con Blanco Lexítimo en formato magnum, é con NINO PEREIRA elaborador de queixos Tetilla e Arzúa Ullóa presentando as súas elaboracións, así como tamén os viños que elabora na D.O. Ribera Sacra subzona de Quiroga Bibei, Adegas CORGA, CORGA, un viño xoven 100% mencía, é tamén CORGA BARRICA, un viño de mencía con 12 meses de barrica de roble francés e americano.
Actividade considero moi apetecible e ademáis con este destino de solidaridade e colaboración, sensible na nosa sociedade, contribuindo o millor estado dos nenos é as súas familias.
Estades convocados (contamos só con 36 prazas) para o vindeiro martes día 18 de decembro, as 20:30 horas na sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro, rógase puntualidade comezaremos as 20:30, é unha actividade moi completa con bastante duración. Si alguén se apunta e non pode asistir que avise con tempo para poder cubrir a praza, e por un bo fin....
Apertas, bo finde, boa semana, é boas festas por si non coincidimos.....

¡Compártelo!