Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Da Bodeguilla de San Roque ao teu prato: unha maneira de apoiar á hostalaría local

17/11/2020 · Bodeguilla de San Roque

Non falamos de nada novo cando dicimos que estamos atravesando tempos convulsos e difíciles para todos e todas. E non se pode negar que a hostalaría é un dos sectores económicos máis castigados pola crise sanitaria que estamos a atravesar. Na cidade de Santiago de Compostela os locais de restauración estarán pechados, en principio, durante todo o mes de novembro e os primeiros días de decembro, pero non por iso vos tedes que privar de desfrutar dos nosos pratos. Hoxe queremos explicarvos como de sinxelo é facer un pedido de comida da nosa Bodeguilla de San Roque. Tan só necesitas acceso á rede e moita fame!

Tanto a Bodeguilla de Santa Marta como a súa irmá ubicada en San Lázaro permancerán pechadas até novo aviso, pero a de San Roque ten habilitado os pedidos online para recollidas no local (take away). Hai dúas maneiras de facelo. A primeira, a máis convencional, é chamando ao 981 564 379, con horario de 12.00 a 15.00 e de 19.30 a 22.30. Despois, só tes que dicirnos de que comidas queres desfrutar.

O segundo modo de facelo é a través da nosa carta online. Tan só tes que pinchar no enlace e seguir uns sinxelos pasos:

  1. Escoller a hora á que queres o teu pedido.
  2. Elixir os pratos que máis che apetezan e indicarnos calquera instrucción que consideres necesaria.
  3. Introducir os teus datos e confirmar o pedido.
  4. Listo! Xa podes recoller a túa comida e desfrutala na túa casa!

Ademais dos pedidos de recollida en local, tamén formamos parte da rede ObviousEat, unha app de comida a domicilio feita en e para Santiago e arredores, e estamos en Just Eat. Que significa isto? Que dispoñemos servizo de reparto a domicilio (Delivery) a través destas aplicacións.

Así que xa sabes, tanto cos pedidos para levar coma cos repartos a domicilio, non só che levamos ao teu prato as elaboración da Bodeguilla de San Roque, senón que pós o teu gran de area e apoias ao comercio e hostalaría local, que tanto o está a necesitar.

¡Compártelo!