Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Empanadilla de outono, montadiño de solombo e filloa rechea de rabo de tenreira para este Santiago(é)Tapas

18/11/2019 · Las Bodeguillas

Santiago(é)Tapas chega á súa edición número doce coa intención de superar as rondas de tapas dos últimos anos. O nivel está tan alto coma a ilusión que supón, para a hostelería da cidade, volver presentar o seu saber facer en pequenos bocados. Dende La Bodeguilla imos tentarte cunha empanadilla, un montadiño e unha filloa rechea.

Presentámosche as nosas suxestións! Dende Bodeguilla San Lázaro optamos por unha tapa de corte tradicional: empanadilla galega de lacón con grelos e queixo San Simón en prebe de froitos vermellos e castañas. Moi de outono e moi da terra. Agardámoste na (é)TAPA 8 CAMIÑO DE INVERNO.

De carácter creativo, a tapa de San Roque presenta un solombo de porco con puré de castaña, queixo de Arzúa Ulloa e sésamo torrado sobre cama de patacas. Neste caso, agardámoste na (é)TAPA 6 CAMIÑO INGLÉS.

E finalmente, tamén na categoría creativa, das cociñas de Santa Marta saen estes días filloas recheas de rabo de tenreira con bechamel de castañas ao aroma de anises, unha proposta que atoparás na (é)TAPA 1 CAMIÑO PORTUGUÉS.

En definitiva, xunto con grandes amigos e compañeiros, ata o próximo un de decembro a capital galega convértese con este Santiago(é)Tapas –organizado pola Asociación Hostalaría Compostela- nun percorrido pola gastronomía máis propia. Teremos que esperar, iso si, á gran final dos días 6, 7 e 8 de decembro para coñecer o resultado pero xa vos adiantamos que, para nós, participar é gañar! Agardámoste!

¡Compártelo!