Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

As Festas do Apóstolo ofrecerán moita música e fogos artificiais en cinco localizacións diferentes

12/07/2022 · Las Bodeguillas

En menos do que canta un galo dará o pistoletazo de saída o que é, quizais, unha das datas máis agardadas por todos os galegos. O luns 25 de xullo celébrase o Día de Galicia pero Compostela engalanarase coas súas mellores roupas de festa un chisco antes para recibir cos brazos abertos unha das edicións máis especiais do Apóstolo.

As Festas do Apóstolo arrancarán o vindeiro xoves 21 co seu habitual pregón no Pazo de Raxoi. Desta volta estará a cargo do actor compostelá Tamar Novas. Logo, poderase desfrutar na Praza do Obradoiro da actuación de The New York Ska-Jazz Ensemble.

A música: a grande protagonista

Como é habitual nestas datas, a música será unha das grandes protagonistas. É así que, logo do comezo das festas na Praza do Obradoiro, poderemos deleitarnos con actuacións como a de Rocío Márquez+Bronquio (Praza da Quintada) e a Orquestra Estrellamar (Alameda) o venres 22; Lítore Quartet (Praza de Mazarelos), Rufus T. Firefly (Parque das Galeras), Caléxico (Praza da Quintana) e a Orquestra Los Alkar (Alameda) o sábado 23; e Álvaro Toscano (Praza Mazarelos), Verónica Ferro & Javier Sánchez (Galeras), Heredeiros da Crus (Praza da Quintana) e a Banda Magma (Campo da Festa do Castiñeiriño) o domingo 24

Aínda que quizais o máis agardado será o espectáculo pirotécnico que se poderá desfrutar dende diferentes puntos da cidade: na Alameda, no parque Eugenio Granell, na Cidade da Cultura, nas Cancelas e no parque de Carlomagno.

Outras actividades

Aínda que a música continuará ata o domingo 31, non será a única en subirse ao escenario. Tamén se contará con outras actividades como XLIV Torneo de chave, Festival Gaelic GP Series 2022 (en Belvís), encontros de xigantes e cabezudos, Cinema no Parque, espectáculos de circo, alboradas a cargo de diferentes asociacións veciñais, concentración de automóviles antigos e concurso de traxes de época, Xornadas de Folclore Galego, o Trad Fest e moito máis.

Se queres saber máis podes consultar a programación completa das festas facendo clic aquí.

¡Compártelo!