The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Bodeguilla de San Lázaro

Categorías

Noticias y novedades de la Bodeguilla de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Tertulias Bodeguilla con Alma das Donas

28/11/2019 · Bodeguilla de San Lázaro

Voltaron as Tertulias Bodeguilla a San Lázaro grazas a Alma das Donas, que chega dende a Ribeira Sacra. Roberto Flammini e Lara Santos son os encargados de mostrarnos os seus viños: Almalarga, Almanova, Almalola, Almalarga barrica, Alma Once e Alma Madre. Godellos e mencías da Ribeira Sacra.  Alma das Donas ten os seus viñedos nas ladeiras do río Sil onde o concepto de Viticultura Heroica fai que sexan viños con personalidade propia. Conseguen a maior calidade na orixe para obter un viño de alt...

leer más

Tertulia Bodeguilla con Grupo Vintae

15/11/2019 · Bodeguilla de San Lázaro

Celebramos un novo evento de Tertulias Bodeguilla no que contamos con Ricardi Arrambarri, xerente dun grupo de adegas que dende o ano 1999 ten como obxetivo innovar no mercado do viño, o Grupo Vintae, unha compañía de viños presente en 15 Denominacións de Orixe. Nesta cata degustamos Clássica de Hacienda López de Haro, El Garnacho viejo de la Familia Acha, Maetierra Dominum, la Garnacha de Hielo, Bardos Suprema e Matsu Viejo.    

leer más

INICIACIÓN AOS COGUMELOS NA BODEGUILLA DE SAN LÁZARO

29/10/2019 · Bodeguilla de San Lázaro

Un ano máis contamos JOSE MARIA COSTA LAGO, da Asociación Micolóxica Pan de Raposo, para celebrar a charla, mostra e degustación que vimos realizando na sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro dende fai uns cuantos anos. Nesta ocasión falamos dos Cogumelos na Parroquia da Gándara, unha das once parroquias nas que se artella o veciño concello de Oroso, durante os últimos cinco anos. Falamos da biodiversidade e taxonomía, a parte da ciencia que se ocupa da clasificación dos seres vivos. Tamén ...

leer más

TUNEL DO VIÑO DE MONTERREI

09/10/2019 · Bodeguilla de San Lázaro

Esta semana presentamos un pequeno percorrido a través de 23 adegas da Denominacion de Origen Monterrei, aproximación a cata, viticultura básica, elaboración en branco e tinto, diferentes terruños... Esencia pura de Monterrei por copas. Luis Paadin ofrécenos unha master class sobre os viños da D.O. e despois un túnel do viño de Monterrei na Bodeguilla de San Lázaro.   

leer más

Tertulias Bodeguilla con Bodegas Navarro López

27/06/2019 · Bodeguilla de San Lázaro

O mércores 26 de xuño celebramos unha das últimas actividades culturais da Bodeguilla de San Lázaro para esta tempada. Recibimos a visita de Paco Navarro do grupo de Bodegas Navarro López, unha adega familiar fundada en 1904 en Valdepeñas. Esta adega elabora viños de diversas denominacións de orixe: DO Rioja, DO Ribera del Duero, DO Rias Baixas, DO Vino de Toro e DO Vino de la Mancha. Os asistentes degustaron pratos especialmente elaborados pola nosa cociña para este día: brie con mermelada de ...

leer más

FESTA DA UÑA 2019

04/04/2019 · Bodeguilla de San Lázaro

Dende o 5 ao 8 de abril de 2019 estamos de UÑAS, vide a degustar o tradicional prato de "A Festa da Uña", uñas cociñadas con bertons de col, servidas con chourizo e patacas e a disfrutar dunha das celebracions máis antigas de Santiago de Compostela no barrio de San Lázaro.    

leer más

CATA CILLAR DE SILOS

26/09/2018 · Bodeguilla de San Lázaro

Despois dun periodo estival de vacacions e disfrute (confio que así fora), reanudamos as nosas actividades culturais.O xoves día 20 de setembro contamos coa presencia de ESTIBALIZ ABAJO, responsable comercial de Bodegas Cillar de Silos, adega fundada en 1994, en Quintana del Pidio, Burgos na D.O. Ribera del Duero. Elaboran todolos seus viños ca producción de 68 hectáreas de viñedos entre 15 e 100 anos da variedade tinta Tempranillo e algún majuelo de uva branca Albillo.Presentaranse as últimas a...

leer más

FINCA MILLARA

08/03/2018 · Bodeguilla de San Lázaro

Achégase a nosa sala de catas en Bodeguilla de San Lázaro FERNANDO de SANTIAGO, socio fundador dunha das adegas con máis relevancia no panorama vitivinícola na D.O. Ribeira Sacra, Bodega Finca Millara, situada na aldea de A Millara en Pantón, nun enclave privilexiado nos cañons do río Miño, donde elaboran as súas propias uvas e traballan as terras como facían os seus ancestros de forma artesanal, controlando dende o principio todo o proceso polo que siguen plantando novas cepas e o saber facer d...

leer más

CATA PACO & LOLA

30/01/2018 · Bodeguilla de San Lázaro

Comezamos as actividades culturais Bodeguilloa 2018 na nosa sala de catas con unha adega de Meaño fundada no ano 2005, por iniciativa dun grupo de viticultores e produtores de viño na comarca de O Salnés para profesionalizar a súa producción, unha cooperativa que se chama " Sociedad Cooperativa Vitivinícola Arousana" máis coñecida pola súa imaxen divertida e sofisticada, o viño dos lunares PACO & LOLA. Adega involucrada dende os inicios por unha producción sostible e xestión intregrada no cu...

leer más

CATA CHRIS & PRESTES

18/12/2017 · Bodeguilla de San Lázaro

Visitannos Cristina Murga para presentar as súas novas elaboracions de espumosos galegos e tamén Maikel Fernández de queixería Prestes de Vilalba. Bodegas Fragamoura que conta cunhas covas de ensueño, tradicionales da zoa, de seculos atrás onde os viños encontran o lugar ideal, ese tempo de silencio e tranquilidade tan necesaria para esa crianza con lías, a suma de pequenos detalles que fan dos espumosos de Cristina Murga uns viños tan especiais.Adela e Maikel Fernández dende o ano de 1991 levan...

leer más

CATA BODEGAS VALDESIL

28/11/2017 · Bodeguilla de San Lázaro

Ésta semana visitanos Bodegas Valdesil de Vilamartin de Valdeorras, que dende o ano 1990 é a partir dos viñedos de godello máis vellos de España, elabora os viños blancos de finca Pedrouzos, Pezas da Portela, Valdesil e Montenovo, así como viños tintos atlánticos Valderroa e Valderroa Carballo. O chan pizarroso, as condicions de latitude e altitude xunto cas particulares condicions climáticas da Val do Sil, fan que a uva godello exprese todo o seu potencial, permitindo unha completa maduración d...

leer más

CATA GRUPO FREIXENET

05/10/2017 · Bodeguilla de San Lázaro

Esta semana celebramos unha cata degustación dun dos grupos vinícolas máis importantes, con adegas en Champagne, Rías Baixas, Ribera del Duero, Rioja, Cava.... Grupo de Bodegas Freixenet, viños donde se reafirma o compromiso ca calidade e sostenibilidade ao medio ambiente así como a excelencia na elaboracion. Éste xoves día 5 contamos con LUIS ALBERTO, sumiller do grupo para dirixir a cata destos viños escollidos para a ocasión, Henry Abelé un Champagne, Vionta un Rías Baixas, Segura Viudas un C...

leer más