Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela
  1. Galería de Las Bodeguillas en Santiago de Compostela
  2. ACTIVIDADES CULTURAIS BODEGUILLA
  3. CHAMPAGNE THIENOT

CHAMPAGNE THIENOT - ACTIVIDADES CULTURAIS BODEGUILLA

11 imágenes

Nesta ocasión, desfrutamos en La Bodeguilla de Santa Marta dunha agardada cea didáctica. En concreto, catamos champagne xunto coa cea preparada por Diego García. Achegouse para dirixir o certame Mercedes Rodríguez, responsable de Pardela Wines na difusión e comercialización destas delicias. 

Nunha noite ben especial, descubrimos que todo o atoparás nos Champagne Thiénot: froita, frescura, limón, azahar, elegancia… Bodegas Thiénot, localizada en Reims, capital de La Champagne, conta con máis de 27 hectáreas de viñedo, das que máis da metade teñen clasificación de Gran Cru e Primer Cru.

E da nosa cociña, outros manxares :  
*Mini croqueta de San Simón con maionesa de anchoa
* Regañá de sardiña afumada con tomate confeitado e aros de cebola fritida
*Carpaccio de langostinos con brotes tenros ao aroma de lima
*Polbo con lagostinos á crema de caviar de ourizos
*Carrillera Ibérica ao Monastrell con aroma de canela e froitos vermellos
*Tiramisú de Mirabeles con caramelo 

Todo un pracer!