Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Compostela tamén é para o verán: descubre Santiago nun día

07/08/2019 · Las Bodeguillas

As estreitas rúas de Compostela, que identifican a cidade en calquera recuncho do planeta, parecen estes días aínda máis ateigadas. O bulir do curso académico deixa, en agosto, un paso máis de vagar. E os visitantes enchen a cidade do Apóstolo. Máis de 16.000 consultas nas oficinas de turismo da capital galega neste mesmo mes, o ano pasado, son unha mostra do interese que desperta Santiago. Certo é que non temos praia, pero si múltiples propostas arquitectónicas, culturais, históricas ou gastronómicas que desfrutar sen mirar o reloxo. Mesmo se só tés un día por diante. Aquí van algunhas recomendacións de La Bodeguilla para visitar Santiago de Compostela nun día.
 
Antes de nada, pérdete nas nosas rúas 
Non deixarás Compostela sen pararte ante a nosa Catedral e deixarte marabillar pola historia feita pedra. Será, tamén, o momento axeitado para percorrer cada unha das ducias de rúas, algunhas moi moi pequenas e estreitas, que rodean o templo. A cada pasada, sentirás Compostela. O son da gaita, de fondo, converterase no teu perfecto acompañante mentres saboreas os doces típicos, como a tarta de améndoa ou as pedras de Compostela.

Sentirás como se che abre o apetito
Perderse polas nosas rúas enche a alma e esperta a fame. E por isto, Compostela é tamén ben coñecida. Dende a hostelería local ofrecémosche descubrir Galicia a través da súa rica cociña, con protagonistas tan afamados coma o polbo á feira, a empanada ou os pementos de Padrón. No noso caso, agardámoste en varios puntos da cidade: San Roque, Santa Marta e San Lázaro.  

E quererás, despois do xantar, seguir a descubrir
E poderás facelo. Porque Compostela e a súa ampla oferta cultural sempre teñen novas propostas. Deixa tempo para coñecer a nosa etnografía no Museo do Pobo Galego, para sentar ao fresco en San Domingos de Bonaval ou no parque da Alameda, para dar un brinco cara o contemporáneo CGAC ou a Cidade da Cultura e para aprender e descubrir, por exemplo, no Museo da Historia.

 
Estas son só algunhas recomendacións que, por suposto, se complementan con moitas outras como sair de noite ou percorrer o centro de compras da cidade. Unha cidade que, estamos seguros, non te vai deixar indiferente.  

¡Compártelo!