Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Compostela, unha cidade de conto para os máis pequenos

09/09/2019 · Las Bodeguillas

Quen non soñaba, de neno, con perderse nun labirinto e divertirse a esgalla mentres buscaba a saída? Case todos e todas o ideamos nalgunha ocasión. Iso nos ocorre aínda hoxe, de adultos, cando percorremos o casco histórico da nosa querida Compostela. Santiago, coas súas vías estreitas que semellan camiños e cos seus recunchos e ducias de posibles espazos para se agachar, pode ser ese espazo no que dar renda solta á imaxinación dos máis pequenos. Pero nenos e nenas atopan, na capital galega, outros amigos. Imos descubrilos dende La Bodeguilla! 
 
-Xogos ao aire libre. Repartidos por toda a cidade, un vai atopando propostas lúdicas nas que debuxar un sorriso na faciana dos cativos. Acompañados de pequenos, o turismo de descubrir un a un cada parque é sempre boa alternativa.
 
-Historia e lendas. Mentres descobres rúas coñeces tamén personaxes, históricos e míticos, que se vinculan á nosa cidade. E se lle axudas a non esquecelos xamais?
 
-Propostas culturais para todas as idades. Tanto dende o eido público como privado, soen impulsarse iniciativas teatrais, cinematográficas ou literarias para achegar a cultura, dun xeito pedagóxico e moi entretido, aos máis pequenos.
 
En definitiva, as propostas son moitas. A finalidade unha soa: que gocedes, en familia, desta cidade de conto.
 
 

¡Compártelo!