Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Corte, degustación e conservación dos queixos DOP galegos

22/03/2023 · Bodeguilla de San Lázaro

No marco do "II Encontro do viño Galego Revera Vinum", que se celebra en Compostela o 27 e 28 de marzo, acollemos o roteiro Galicia en Copas cun evento protagonizado polos queixos galegos con denominación de orixe protexida e os viños de Bodegas Petrón. Esta “Análise Sensorial de Queixos Galegos” con D.O.P contou tamén coa presenza de Jorge Cardoso Mariño, viticultor que nos achegou os viños de Bodegas Petrón da  D.O. Ribeira Sacra.

Con máis de vinte anos de experiencia na cata dos catro queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida, Salomé Beiroa proponnos unha achega ao mundo destes produtos lácteos tan presentes nas nosas pero dos que descoñecemos moitas curiosidades, tanto en consumo coma en conservación. 

Pola súa banda, dende a D. O. Ribeira Sacra- Subzona Amandi, Jorge Cardoso Mariño achegounos distintos caldos 100% Mencía. Auténticas delicias!

¡Compártelo!