Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

De “martes golosos” a servizo take away: as novidades das Bodeguillas

15/10/2020 · Las Bodeguillas

Como se estivésemos na película de El Padrino, dende a Bodeguilla de San Roque imos a facerche una oferta (moi doce) que non poderás rexeitar. Dende agora, as noites do martes contarán coa sobremesa como protagonista porque te convidamos nós!

Os martes golosos están feitos para os máis larpeiros e larpeiras, que terán que escoller entre catro pratos principais de infarto: un arroz negro, un arroz mariñeiro, unha parrillada de peixe ou, para os máis carnívoros, unha parrillada de porco ibérico. O punto doce, como anticipábamos, poñémolo nós. 

Xa contabamos con servizo take away para os nosos  tres locais. O proceso é sinxelo, xa que só hai que pegar unha chamada ou a través da carta online, escoller os pratos que máis vos apetezan e pasar a recollelos. Porén, agora tamén se realizan repartos a domicilio da máis nova das nosas Bodeguillas, a de Santa Marta. 

Isto é posible grazas a ObviousEat, a nova aplicación de reparto a domicilio para restaurantes de Santiago de Compostela. Logo selecciona o que máis che apeteza comer da nosa Bodeguilla. Listo! Xa non hai escusa para non desfrutar das nosas deliciosas elaboracións en calquera lugar da cidade! 

¡Compártelo!