Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

De Zamora a Compostela con Monte La Reina

27/01/2023 · Bodeguilla de Santa Marta

A primeira Tertulia Bodeguilla deste 2023 en Bodeguilla Santa Marta achegounos catas e tapas. Nesta ocasión, contamos con Carolina Inaraja, directora de Bodegas Monte La Reina.

Esta adega nova, moderna e dinámica está situada en Monte La Reina, Zamora, D.O. Toro. As súas 300 hectáreas de viñedos divídense entre a Tinta de Toro -a uva típica do lugar- e a Verdejo 

Monte La Reina conta tamén cunha pequena parcela de Chardonnay destinada á elaboración de espumoso. Un clima continental con altitudes que rondan os 750 metros aporta as condicións óptimas! 

E, na cociña, o ritmo non parou: sopa de peixe e marisco, canelón de salmón afumado con aguacate, queixo e espuma de lima, estufado de venado con pochas, asado de cordeiro leital e lingote de chocolate recheo de confitura de laranxa.

¡Compártelo!