Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Degusta ás Bodeguillas na túa casa todos os días da semana

09/02/2021 · Las Bodeguillas

Como ben sabedes, as medidas actuais obrígannos a manter os locais das Bodeguillas de Santa Marta e San Lázaro pechados ao público pero non por iso tedes que renunciar ao sabor inconfundible das nosas creacións. Santa Marta continúa recibindo as vosas encargas de comida, de luns a domingo. E, agora, San Lázaro tamén. 

Na nosa carta atoparás unha ampla variedade de pratos que non deixarán a ninguén indiferente. Se tes fame a rabiar de carne de calidade, recomendámosche a hamburguesa de vaca con salsa de queixo San Simón, aros de cebola fritos e patacas chips; as carrilleiras ibéricas ao Mencía con arroz; lomo de porco con castañas; ou quizáis che apeteza algo diferente como tacos de polo ao Cabrales con patacas fritidas. Pola contra, se deveces por algo do mar, os boqueróns en vinagre ou o bacallau á prancha con grelos salteados están a agardar por ti.

E, como non hai dous sen tres, a sobremesa é un imprescindible. Aconsellámosche que probes unas trufas de chocolate con sopa tibia de fresas ou, se prefires algo máis tradicional pero con un xiro, experimenta a explosión de sabores das torrixas con xeado de canela e crema inglesa.

Podes facer a túa encarga para take away a través das aplicacións Just Eat ou Obvious Eat, na nosa carta online ou chamándonos por teléfono ao 981 813 520. Ademais, se o prefires, coas dúas primeiras tes a opción de reparto a domicilio.

Na Bodeguilla de Santa Marta estamos abertos, de luns a venres, de 10.00 a 16.00 horas pola mañá, para preparar os vosos cafés e almorzos para levar, e de 19.30 a 23.30 horas en horario de tarde. Os sábados e domingos abrimos de 12.00 a 16.00 horas e de 19.30 a 23.30 horas. No caso de San Lázaro, o horario será o mesmo, a excepción de luns e domingos, que só abriremos en horario de mañá.

¡Compártelo!