Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Descubre a nosa carta sen glute

13/01/2020 · Las Bodeguillas

Sexan máis lixeiras ou máis consistentes, tratamos de que as propostas das cociñas de Las Bodeguillas se adapten ás preferencias de todos vós. Por esta razón, ofrecemos tamén suxestións sen glute que podes descubrir ao completo na nosa carta. 

Neste senso, entre elas poderás atopar entrantes como zamburiñas á geleé de albariño, tixola de cogomelos, gambas e algas, xamón 100% ibérico de bellota, chicharróns gratinados con queixo á feira ou tixola de shitake con langostinos. Figuran tamén propostas para compartir ou pratos consistentes, tales coma atún Yellowfin á grella con patacas panadeiras, bacallao á grella, solombo de porco ibérico con rulo de cabra e cebola confeitada ou presa ibérica con mazá asada e amendoa, entre outras elaboracións. 

Ademais, tamén as nosas sobremesas se adaptan a inxestas sen glute tanto no caso de tortas coma de flans ou xeados. Polo tanto, convidámoste a sentar e gozar da nosa gastronomía!  

¡Compártelo!