Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Día Internacional da Croqueta: esta é a súa orixe e así o podes celebrar nas Bodeguillas

16/01/2023 · Las Bodeguillas

Non temos dúbidas de que este terceiro luns do mes é un dos días máis importantes do ano para moitos amantes da gastronomía. E é que, como cada 16 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Croqueta.

A orixe das croquetas

Malia que é unha elaboración gastronómica moi arraigada na cociña española, para atopar a súa orixe debemos viaxar ata Francia. E, aínda que existen varias teorías, unha das máis plausibles, ademais de ser o primeiro rexistro histórico, atópase en 1817

Nese ano, o chef francés Marie-Antoine Carême, considerado un dos pais da alta cociña, presentou ante o príncipe rexente de Inglaterra e o Gran Duque Nicolás de Rusia, un prato que os marabillou e que bautizaron como “croquettes à la royale”.

Sen embargo, outras investigacións apuntan á corte de Luís XIV, alá polo ano 1619, cando o seu chef, Louis de Bechamel, -ou algún dos seus axudantes- tivo a xenial idea de crear, precisamente, a bechamel que compón as croquetas. E, algún que outro século máis tarde, sería Carême o encargado de incluírlle esa capa crocante que tanto nos gusta. Precisamente, a palabra croqueta provén de croquer, é dicir, cruxir en francés.

Para atopar as croquetas en España, temos que mirar cara a Guerra da Independencia (1808-1817), momento no que as tropas xa comían este riquísimo aperitivo. Porén, se buscamos en libros de cociña, será en 1830 cando atopemos a primeira receita. Aínda que pouco se parece á que coñecemos hoxe en día. Esta era una elaboración doce, concebida como sobremesa, e na que se incluía arroz con leite entre os seus ingredientes.

As croquetas das Bodeguillas

Calquera restaurante que se precie conta con algún que outro tipo de croquetas entre as ofertas da súa carta e, nós, non podíamos ser menos. Con nós poderás probar croquetas caseiras de xamón ibérico ou, se es máis de mar, unhas croquetas caseiras de marisco feitas con moito esmero (ademais de outras moitas suxerencias polas que che recomendamos que preguntes sen dubidar un intre!). Anímaste a celebrar o día con nós?

¡Compártelo!