Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Pittacum e Heraclio Alfaro, protagonistas dunha nova actividade cultutal en Bodeguilla de San Lázaro

03/03/2023 · Bodeguilla de San Lázaro

Comezamos marzo dun xeito moi especial. O terceiro mes do ano chegou cunha nova actividade cultural na que presentamos dúas adegas do grupo Terras Gauda: Viñedos y Bodegas Pittacum, situada en Arganza del Bierzo na D.O. Bierzo, e Compañía de Vinos Heraclio Alfaro, de Alfaro, na D. O. Ca. Rioja.

Para levar a cabo esta actividade, estivo con nós o director técnico e enólogo destas adegas, Alfredo Marqués. Cabe sinalar que Pitacum comezou o seu camiño en 1999 coa idea de crear viños con personalidade pero sen renunciar ao carácter que imprime a variedade Mencía. 

Pola súa banda, Compañía de Vinos Heraclio Alfaro pertence ao grupo dende 2018.  Tempranillo, Graciano e Mazuelo son as principais variedades que compoñen os seus viñedos, contando tamén con 12 hectáreas de oliveiras da variedade Arbequina. 

 

¡Compártelo!