Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Saboreamos as marabillas de Bodegas y Viñedos Gómez Cruzado

25/11/2022 · Bodeguilla de San Lázaro

Rematamos novembro cunha nova cata, nesta ocasión en Bodeguilla de San Lázaro. No evento, tivemos a oportunidade de coñecer de preto a Bodegas y Viñedos Gómez Cruzado, protagonista desta cita. Nace no Barrio de La Estación de Haro no 1886, no pleno corazón da Rioja Alta. 

Nesta noite tan especial, contamos con David González, enólogo de Bodegas Gómez Cruzado, e con Amaia Samaniego, Directora Comercial da firma, para a presentación destes viños. Cabe sinalar que a adega aglutina hoxe os ingredientes necesarios para elaborar viños da máxima calidade, con casi 100 parcelas controladas de viñedo vello nas zonas máis altas da Rioja Alta e Alavesa, viticultura sostible e razoada, carácter artesanal para elaborar preto de 200.000 botellas anuais e inquietude de mostrar a expresión de terruños con características únicas e senlleiras.

Así, probamos viños fieis á herdanza do Barrio de La Estación de Haro, tipicidade de Rioja: equilibrio,  elegancia, riqueza de matices e sedosidade. Un pracer!

¡Compártelo!