Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Un bocado de mar e outro da terra: as nosas apostas para o XIII Santiago(é)Tapas

11/11/2021 · Las Bodeguillas

Despois do lapsus do 2020, hoxe arranca Santiago(é)Tapas coa súa décimo terceira edición e, como non podía ser doutro xeito, estamos a participar neste encontro tan esperado. A cita coas diferentes tapas santiaguesas, promovida por Turismo de Santiago e organizada pola Asociación Hostalaría Compostela, estenderase até o domingo 28 deste mes, así que non tes excusa para non probar o sabor da nosa gastronomía local.

As nosas dúas propostas para este certame son dúas versión de pratos tradicionais. En primeiro lugar, unha tosta de croca de tenreira con castañas de Galicia, na Bodeguilla de San Lázaro, e luras con arroz negro de polbo con alioli e pera, na de Santa Marta. Esta última, recomendamos que a acompañes dunha cervexa Alhambra.

Ademais, paralelamente, estase a celebrar o II Santiago(é)Cóctel, organizado tamén pola Asociación Hostalaría Compostela, e na que tamén participamos co cóctel BBB Bodeguilla Bohemian Berry no local de Santa Marta.

Aínda que se pode desfrutar do xeito que máis nos apeteza e sen seguir ningunha ruta, o certame está organizado en cinco (é)tapas, mais unha de opcións exclusivamente veganas. A Bodeguilla de Santa Marta enmárcase na primeira, tamén denominada Camiño Portugués, e a de San Lázaro, na terceira ou Camiño Primitivo. Anímaste a visitarnos?

Descubre toda a información da XIII Santiago(é)Tapas pinchado aquí.

¡Compártelo!