Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Unha cociña universal: todas as nosas opcións gluten free

17/01/2022 · Las Bodeguillas

Somos dos que cren que a cociña é unha arte universal. Gústanos que todo o mundo poida saborear os nosos pratos que con tanto mimo e coidado facemos. Por iso, temos tamén carta sen glute para que ningunha intolerancia ou alerxia se antepoña a desfrutar de elaboracións únicas e de calidade.

Entre as suxerencias gluten free do chef destaca, sen dúbida, o produto procedente do mar. Na Bodeguilla de Santa Marta poderemos atopar un delicioso salpicón de rape e marisco ou un rape con lagostinos ao cava. Pola contra, na de San Lázaro están o pulpo á prancha, a raia á galega, camaróns, unha ensalada de tomate Mar Azul con ventresca ou unha ensalada de aguacate con lagostinos e salsa rosa.

Se queremos comezar con algo lixeiro para compartir, na carta atopamos unha ampla variedade de queixos artesáns galegos e nacionais, embutidos encabezados por xamón de landra, lomo ibérico ou chourizo ibérico, revoltos e sarténs e ensaladas.

Por outra banda, se estamos á procura dunha opción para carnívoros, non deixará a ninguén indiferente. Na máis nova das Bodeguillas poderemos degustar medallóns de croca de vacún maior á mostaza, entrecosto de tenreira, grellada de porco de landra 100% ibérico ou dados de lombo de porco ao allo con patacas e pementos. Na segunda, entrecot de tenreira, grellada de porco ibérico ou lombo de porco con allo e pementos.

E, para rematar, un toque doce. A grande variedade de sobremesas déixase notar nas dúas Bodeguillas: flan de laranxa con xeado de nata, tarta de chocolate branco e queixo con coulís de amorodos, queixo Arzúa-Ulloa con marmelo, coulant de choclate sen glute con xeado de amorodo ou cremoso de aceite de oliva virxe extra con cacahuetes torrados, entre outros, na de Santa Marta; e flan de caramelo con noces, xeado de queixo con marmelo, tarta de améndoa, vienneta ou xeado de sorbete de limón na de San Lázaro.

¡Compártelo!