The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Categorías

Viños de todo o mundo recalan en La Bodeguilla

20/12/2019· Las Bodeguillas

Despedimos este 2019 con moi bo sabor de boca. Ao longo deste últimos meses, recalaron en La Bodeguilla viños procedentes de todo o mundo. Da man das nosas Tertulias Bodeguilla, achegáronse ata San Lázaro –fundamentalmente- pero tamén ata Santa Marta produtores e distribuidores chegados de múltiples orixes.


Por suposto, estiveron presentes os caldos das viñas galegas pero tamén variedades que medran nos campos de Nova Zelanda ou California, por pór algún caso. Nestes certames, ademais de contar asiduamente co respaldo dos participantes, tivemos ocasión de maridar distintas elaboracións, saídas das cociñas de La Bodeguilla.  E, por suposto, de adicar tempo ás nosas paixóns: a gastronomía e a cultura vitivinícola.


Agora, xa entrados no mes de decembro e coas festas moi preto, queremos unha vez máis darvos as grazas. Bo Nadal e inmellorable 2020!