Logo XacobeoLogo Marca Galicia
The Bodeguillas of Santiago de Compostela

Temas

Volven as actividades culturais cunha cata vertical de Bodegas La Val

07/10/2022 · Las Bodeguillas

Chegou outubro e, con el, volveron as nosas actividades culturais. En concreto, arrancamos a tempada en Bodeguilla de San Lázaro en Santiago de Compostela cunha cata vertical e un convidado de excepción: La Val Vendimia. 

Foi un pracer contar nesta nova andadura das nosas actividades con José Mº Ureta Guzmán (Chema), enólogo de Bodegas La Val e membro do panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Sobre a mesa, nesta cata vertical estiveron presentes os viños dos anos 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020, elaborados coa variedade albariño nun 100%. Deste xeito, puidemos valorar a evolución destes caldos albariños en todo o seu esplendor! E saborealos!

Xa para rematar, sabías que Bodegas La Val foi unha das primeiras adegas que apostou  por autoabastecerse (dende 1985) con uva cultivada nos seus propios viñedos, que se estenden por máis de 50 hectáreas?

 

¡Compártelo!