Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

A historia, cultura e arte a través dos museos de Compostela

16/05/2023 · Las Bodeguillas

Santiago é historia, cultura e arte. É así que cando chega o Día Internacional dos Museos, o único que podemos facer é presumir do noso e de toda a oferta museística coa que conta a capital galega. Hoxe facemos un repaso de tres deles, aínda que hai moitos máis por descubrir.

Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás, na cidade da cultura, é de entrada gratuita e as exposicións poden visitarse libremente de martes a domingo, de 10.00 a 20.00 horas.

O centro conta cunha superficie expositiva de 6.600 metros cuadrados, dividida en tres plantas. Acolle exposicións temporais de fondo calado e tamén exhibe de forma permanente dúas obras plásticas de gran formato realizadas por Luís Seoane e Urbano Lugrís. O primeiro, un mural realizado en Arxentina na década dos 70, por encargo de Isaac Díaz Pardo, e, o segundo, o mural Traslación do corpo do Apóstolo a Santiago, obra temática xacobea realizada para un sanatorio arredor de 1957.

Centro Galego de Arte Contemporánea

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) atópase na Rúa de Ramón del Valle-Inclán, a escasos metros da zona vella da capital galega. Creouse en 1993 e, dende aquela, busca ser un centro dinámico e multidisciplinar no que se acollen exposicións de artistas internacionais e galegos ou de autores consagrados e emerxentes. 

Na actualidade pódese desfrutar de exposicións como Camiños III, até o 21 de maio; Guerrillas Girls. Portfolio Compleat, 1985-2016, ata o 18 de xuño; ou OLGA MESA. RE-VISIÓN(S) "Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto"; ata o 11 de xuño.

Museo de Maxia Kiko Pastur

A proposta máis disruptiva en canto a museos se refire, quizais sexa a do Museo de Maxia Kiko Pastur. O local atópase a tan só uns minutos da Catedral, na Praza de San Miguel dos Agros. 

Nel pódense desfrutar de montaxes interactivas, pezas históricas e demostracións de maxia en directo que fan os ilusionistas do museo durante as visitas guiadas. Ademais, tamén conta con clases de maxia para grupos reducidos para os máis atrevidos.

Abre de martes a domingo, con visitas de 45 minutos que empezar ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas. 

Pero hai moito máis co que nos podemos atopar en Compostela. O Museo do Pobo Galego, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Museo da Casa de Troya ou a Fundación Eugenio Granell son algunhas das posibilidades coas que nos podemos citar coa arte e cultura galegas.

¡Compártelo!