Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

De cea con Gil Family States: catamos delicias!

21/04/2022 · Las Bodeguillas

A ledicia das Tertulias Bodeguilla chegou de novo a Bodeguilla de Santa Marta cunha agardada cata didáctica con cea da man de Ferrán García Mena, responsable de Gil Family States. 

O grupo español Gil Family States está presente en dez rexións vitivinícolas: Jumilla (Juan Gil y Bodegas El Nido), Montsant (Can Blau), Priorat (Bluegrey), Calatayud (Ateca), Campo de Borja (Morca), Almansa (Atalaya), Castilla y León (Tridente y Shaya, esta última na DO Rueda), Rías Baixas (Lagar de Condesa) e a última na que se asentaron é a Rioja, onde edificaron unha adega propia (Rosario Vera).

Ferrán García acompañounos nesta noite especial cunha amplísima selección dos viños do grupo. Todos eles elaborados con variedades autóctonas, conforman un portfolio de caldos de moi distintas características e procedencias pero cun denominador común: a calidade

Por suposto, para a ocasión Diego García e o seu equipo de cociña están xa a preparar delicias que degustaremos á hora da cea! Así, saíron da cocina: *Aperitivo de Ibérico 

*Roliños de hortalizas e cogomelos con prebe agridoce 

* Vieiras con Wakame e AOVE picante 

*Pochas a Riojana 

*Arroz meloso de Rape e Lagostinos 

*Bocado de Ibérico con mel e tomillo 

*Brownie de Chocolate, sal e aceite de café

Grazas a todos e todas por acompañarnos!

 

 

 

 

¡Compártelo!