Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Estreamos as actividades culturais do 2023 con Bodegas Arzuaga Navarro

20/01/2023 · Bodeguilla de San Lázaro

A primeira actividade cultural do noso calendario para este 2023 tróuxonos á adega da D.O. Ribera del Duero Bodegas Arzuaga Navarro. Fundada nos anos 90, conta con 210 hectáreas de viñedo entre as inmediacións da adega e o espazo natural de finca La Planta (orixe da adega en si), onde cultiva as variedades de Tinto Fino, Cabernet Sauvignon e Merlot. 

Nesta ocasión, tivemos o pracer de contar con Jesús Bernad, que nos achegou ducias de detalles e curiosidades sobre a produción desta adega.

Cabe sinalar que estes viños, elegantes e complexos, son un referente absoluto da D.O. Ribera del Duero 
pero Bodegas Arzuaga Navarro tamén posúe viñedos en Malagón (Ciudad Real), onde elabora Pago Florentino, un viño 100% Cencibel. E nón só en viños son referentes! Tamébn elaboran aceites en Noez (Toledo) coas variedades Cornicabra e Arbequina, na D.O. Montes de Toledo.

¡Compártelo!