Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Lagar de Pintos protagoniza unha cata vertical en San Lázaro

05/05/2023 · Bodeguilla de San Lázaro

Acollemos en Bodeguilla de San Lázaro unha cata vertical con Lagar de Pintos. Estivo con nós Marta Castro, enóloga e propietaria de Lagar de Pintos Bodegas y Viñedos, que pertence á cuarta xeración desta familia de adegueiros de Ribadumia. 

Sabías que esta adega da D.O Rías Baixas foi fundada no 1887? 136 anos de historia que hoxe se mostran nunha adega moderna, eficiente e con viños de personalidade propia. Outra das características de Lagar de Pintos é, sen dúbida, o respecto pola súa contorna. Trátase de coidar os seus viñedos -por certo, algún de máis de 50 anos de vida- sen pór en perigo o espazo no que se asentan nesta subzona Val do Salnés. 

E, por suposto, catamos a colleita de 2022 con pinchos acabadiños de saír da cociña de San Lázaro! 

¡Compártelo!