Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Paco&Lola, delicias 100% albariño chegadas do corazón do Salnés

16/12/2022 · Bodeguilla de Santa Marta

As actividades culturais do 2022 remataron cunha cea con cata da man de Paco & Lola. Esta adega foi fundada no ano 2005 por iniciativa dun grupo de viticultores e produtores de viño da comarca do Salnés, "Cooperativa Vitivinícola Arousana", sendo unha das cooperativas máis importantes por número de socios. 

Nesta ocasión, contamos con Nuria de La Torre, enóloga do grupo, para dirixir esta actividade en Bodeguilla de Santa Marta. Na copa, 100% albariño en delicias coma Paco & Lola 2016, Paco & Lola 2021, Paco & Lola PRIME 2019, Paco & Lola HERITAGE ou Paco & Lola VINTAGE 2013. 

E, da cociña, foron saíndo outras delicias:

*Mexillóns en vinagreta de granada e alfábega *Espaguettis cremosos con langostinos e polbo *Ravioli de luras con crema de allo negro *Arroz meloso de gambas, zamburiñas e alcachofa *Solombiño de porco ao whisky con chalotas glaseadas *Rape Paco & Lola con gajos de cachelos *Mousse de limón con xeado e virutas de chocolate

¡Compártelo!