Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Restaurant Guru recoñece a Santa Marta coa insignia de Recomendación

09/08/2022 · Las Bodeguillas

Non nos cansaremos de repetir até o infinito que todos os éxitos que logramos son grazas a todos e todas os que nos visitades nas nosas Bodeguillas a diario. Inspirádesnos a mellorar e a superarnos día a día para ofrecer as mellores elaboracións, pratos, bebidas e actividades gastronómicas. Coas vosas palabras, dende as máis fermosas até as críticas constructivas máis necesarias, artellamos (ou tentamos) unha mellora constante.

A Bodeguilla de Santa Marta vén de ser galardoada coa insignia de Recomendación na aplicación Restaurant Guru. Ademais, este mesmo local, noutras plataformas como TripAdvisor, ten sido recoñecida co premio Travellers’ Choice, ademais de estar entre os sesenta primeiros postos de restaurantes en Santiago de Compostela. 

E é que non podemos esquecer que os nosos locais naceron coa ilusión de innovar, mellorar e ofrecer unha experiencia diferente. 

É unha afirmación que pensamos que se pode sentir nas nosas cartas. Na máis nova das nosas Bodeguillas, na de Santa Marta, pódense atopar elaboracións que vos sorprenderán como a merluza do pincho con Veloute de setas ou o solombo ibérico en salsa de marmelo e améndoas. 

Pola contra, na de San Lázaro, recomendámosvos a cecina de vaca con aceite de oliva virxe extra ou o rodaballo salvaxe á prancha. E é que tentamos ter os pratos elaborados coas carnes e peixes máis frescos, así como a ampla variedade de viños.

En definitiva, grazas polas vosas palabras, por recomendarnos e por volver a atoparnos. E se aínda non o fixestes, non dubidedes en escribir a vosa valoración porque, con elas, construímonos.

¡Compártelo!