Bodeguilla de San Roque

Calquera día do outono de 1986, o mesmo San Roque en persoa, perpetuo vagabundo amizado con can rabelo, chegou á franquicia do vello burgo de Compostela. Viña o santo fatigado da vagancia por xeografías exóticas e da inclemencia terca dos camiños. Atopou acubillo, mantel e repouso na baiuca que din La Bodeguilla, que daquela era aínda taberna recén aberta na veciñanza do barrio picheleiro que ten o nome do santo peregrino.

Cando máis tarde Roque saíu ao sortilexio da luz das rúas compostelás, sentíase tan confortado e feliz que, ao tempo que acariñaba ao can compañeiro, desexou longos días de bonanza para tan xentil cantina e fixo aínda galano do seu nome para o rótulo do establecemento. Desde entón ese singular emblema da hostalería compostelá leva por título o de Bodeguilla de San Roque.

Ten asento de honra esta baiuca entre as pedras nobres de Compostela, nas cercanías tamén pétreas do Centro Galego de Arte Contemporánea, do mosteiro de Sta. Clara e da Costa das Rodas, e a súa freguesía atopa alí unha fiestra que, desde o reino da gastronomía, permite ollar hacia territorios poboados de soños pracenteiros e fermosos: o emporio da cociña tradicional, o dos ibéricos e o dos queixos, o dos produtos finos de tempada e tamén o dos viños máis competentes e sosegados. Pero, con todo, a maior riqueza da Bodeguilla de San Roque constrúese con vimbias de diálogo cordial entre xentes amigas en horas que, ao cabo, han de ser as máis amables do humano existir. Quen pasa por esta baiuca gardará unha perenne memoria da grande fermosura do país, asentada, máis que nada, sobre a fascinación enorme do paladar.

CARTA

Dispoñemos dos pratos elaborados coas carnes e peixes máis frescos.

ADEGA

Contamos cunha ampla variedade de viños onde atoparás os mellores do país.

Algúns dos nosos platos

Últimas noticias e novidades

3ª RUTA SENTERO Y EL RABO DE TORO

3ª RUTA SENTERO Y EL RABO DE TORO

Participamos na "3ª Ruta Sentero y el Rabo de Toro" e "Concurso del mejor Rabo de Toro de España", pide o teu  "Estofado de Rabo de Toro con Boletus" acompañado de 2 copas de Sentero Expresión e participa nun sorteo de 10 caixas de 6 botellas de Sentero Roble, D.O. Toro

Queres reservar mesa na Bodeguilla de San Roque?

  • Dirección: San Roque, 13 - Santiago de Compostela
  • Teléfono: 981 564 379
  • Horario: luns a venres de 9:00 a 00:30 h. Sábados, domingos e festivos de 10:00 a 16:00 h. e de 19:00 a 00:30 h.
  • Ico Just Eat
  • Ico Instagram
  • Ico Twitter
  • Ico Facebook
  • Google Plus
  • Ico Minube
  • Ico Tripadvisor
  • Ico Youtube
  • Ico Páxinas

A nosas instalacións