Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Santa Marta ponse ao mando: fai o teu pedido para take away ou delivery

15/01/2021 · Las Bodeguillas

As medidas e restricións para combater e frear a expansión do virus obrígannos a adaptarnos unha vez máis. Desta volta, e tras anunciarvos que a Bodeguilla de San Roque se despide de todos vós tras trinta e cinco anos de bo comer e bo beber, será a máis pequena, a de Santa Marta, a que estará a cargo dos fogóns. Explicámosvos como funcionaremos até que, pouco a pouco, todo volva á normalidade.

Tralas medidas que entraron en vigor esta medianoite arrancamos con forza en Santa Marta e manteremos pechado San Lázaro. A partires de agora e ata novo aviso, prepararemos os nosos pratos para que poidades recollelo no local ou para entrega a domicilio a través da aplicación de hostalaría local Obvious Eat. Tamén nos podedes chamar no 981 813 520 para facer a vosa encarga. No establecemento non contamos con terraza, pero prepararemos cafés para levar para os vosos almorzos.

Estaremos abertos todos os días da semana. De luns a venres o horario será de 10.00 a 16.00 horas pola mañá e de 19.30 a 23.30 horas pola noite. As fins de semana a apertura será de 12.00 ata as 16.00 horas e de 19.30 a 23.30 horas. Como ben sabedes, o toque de queda comeza ás 22.00 horas, pero para os máis tardóns, poderedes facer o voso pedido para delivery, como xa mencionamos.

A carta de todos os pratos de Santa Marta está dispoñible na nosa web, para que poidades ir pensando que vos apetece pedir: arroces, parrillada, raxo, bacallau, ensaladas, sobremesas de infarto... Hai moreas de posibilidades!

Grazas por todo o apoio que nos mostrades nestes tempos tan difíciles para a hostalaría e por todo o cariño recibido tras anunciarvos o peche indefinido de San Roque. Saúde e sentidiño!

¡Compártelo!