Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Tertulias Bodeguilla con González Byass

03/06/2022 · Bodeguilla de San Lázaro

Comezamos xuño coa ledicia de retomar as nosas Tertulias Bodeguilla. Neste caso, contamos coa adega González Byass nunha cata con cea moi agardada! E é que en González Byass o viño é moito máis que viño, pois é historia, curiosidade, beleza, natureza, deseño, sabor ou paixón. Para compartir momentos, para compartir vida! 

En concreto, neste evento catamos un Rías Baixas elaborado 100% con Albariño de dúas colleitas diferentes con máis de 10 anos de diferencia e tamén varias elaboracións de diferentes adegas a zonas de España: Lusco, 2020; Lusco, 2006; Finca Constancia Parcela 12; Dominio Fournier, Finca El Pinar e Beronia Gran Reserva 2013. 

Nesta noite tan especial, acompañounos Marina García, enóloga de González Byass e Miguel Bouzas, xestor comercial da firma en Galicia. 

E, dende a cociña, foron saindo:

*Vieira do Pacífico con xuliana de xamón ibérico de bellota

*Arroz de rape con lagostinos

*Bruschetta de xamón e tomate raf con albahaca

*Timbal de carrillera de tenreira

*Solombo ibérico en prebe de boletus

*Sorbete de limón 

 

 

 

 

 

¡Compártelo!