Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Un percorrido polos sentidos: cinco plans para desfrutar de Compostela

04/06/2021 · Las Bodeguillas

A oferta cultural, artística, culinaria e natural de Santiago de Compostela é inmensa, malia que sempre nos quedamos nas primeiras capas. Na cidade atopámonos con outros moitos plans máis alén de visitar e desfrutar da incrible arquitectura da Catedral, perdernos polas rúas do casco histórico, deixarse levar polo bulicio do Mercado de Abastos ou saborear un xeado mentres deixamos que a vexetación da Alameda nos inunde. Hoxe propoñémosvos cinco alternativas ás vías habituais a través das cales coñecer a capital galega.

En primeiro lugar, comezamos por una das zonas verdes compostelás por excelencia. Ao noso paso polos catro quilometros que conforman o paseo das Brañas do Sar, veremos e sentiremos como a paisaxe e os sons flutúan constantemente entre o asfalto e a présa cosmopolita e unha explosión de natureza da conca do río Sar. Neste traxecto poderemos observar a beleza da Colexiata do Sar, a calzada ou Camiño Real e a ponte románica até chegar ao parque Eugenio Granell.

As experiencias son o que sempre levaremos connosco e, aquelas que implican música, valen por dous. Ao longo de todo o ano, as rúas da cidade desfanse en melodías. Por exemplo, durante o mes de xuño, para darlle comezo á época estival, poderemos desfrutar das Xornadas de Música Contemporánea, entre outras moitas ofertas musicais.

Hai certos lugares que son de parada obrigatoria e o CGAC debería ser un deles. O Centro Galego de Arte Contemporánea sitúase nos límites do centro histórico e moi preto do convento e igrexa de San Domingos de Bovanal. Non só nos permitirá adentrarnos na oferta artística galega e do mundo, senón que o terraza aberta, concibida como un xardín de esculturas, permitiranos deleitarnos coa paisaxe urbana de Santiago. O seu horario de apertura é de 11.00 a 20.00 horas, de martes a domingo, e a entrada é de balde.

Coas mans na masa, chegamos á nosa penúltima proposta, un chisco máis diferente. Galicia caracterízase por ter unha oferta ampla e variada de produtos de panadaría. Tal é a calidade de pans e empanadas que chegan a ser un dos buque insignia da nosa gastronomía. Por iso, non se nos ocorre nada mellor que aproveitar a visita a Santiago de Compostela para asistir a un taller de pan impartido por algunhas dos obradoiros de referencia na cidade como pode ser La Bulanxerí.

Para finalizar, non podíamos esquecernos de incluír unha visita ás nosas Bodeguillas. Os nosos locais, situados nos emblemáticos barrios de San Lázaro e Santa Marta, non só permiten sumerxirse na cultura e ambiente compostelá, senón saborear e catar pratos e bebidas típicas da cidade e de toda a comunidade.

En definitiva, e se prestamos atención, decatarémonos de que facer unha visita á capital galega non é máis que gozar e deixarnos seducir a través dun percorrido polos nosos sentidos.

¡Compártelo!