Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Un túnel do viño da D.O Monterrei achéganos ducias de curiosidades sobre estes caldos

13/12/2022 · Bodeguilla de San Lázaro

Coa chegada de decembro, acollemos un túnel dos viños da D.O. Monterrei con Luis Paadin. Neste pequeno percorrido, contamos con máis de 20 adegas e máis de 40 viños desa terra única en Bodeguilla de San Lázaro. Cata, viticultura, terruños… todo isto e moito máis, sobre a mesa!

Nesta ocasión, tivemos oportunidade de aprender, e moito, sobre os milenarios viñedos da D.O Monterrei. Así, sabemos que os brancos de Monterrei son viños intensos, frescos e equilibrados perfectos para calquera momento. No seu caso, os tintos lembran ás cereixas e aos aromas frutais. Auténticas delicias!

E, por suposto, empre é un pracer para nós contar na nosa casa con Luis Paadín, experto en viños con recoñecementos nacionais e internacionais e impulsor de importantísimos documentos para o sector.

 

¡Compártelo!