Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Papá, canto te quero! Teño para ti unha Tarxeta Bodeguilla!

09/03/2020 · Las Bodeguillas

Achégase esa data especial na que, máis que nunca, lle facemos saber a quen nos deu a vida canto o queremos. Compañeiro habitual de aventuras, o 19 de marzo celebramos o Día do Pai. Se ben é certo que o seu cariño non entende de días marcados no almanaque, pois móstrase xornada tras xornada, é un xesto ben fermoso ter un detalle que non esqueza. 

Din que o que un leva sempre consigo son os momentos. Eses intres que compartimos cos nosos. É por iso que un almorzo, un xantar ou unha cea pode ser o mellor dos agasallos. Como tamén o pode ser un produto feito con mimo, elaborado con amor, creado con tenrura. Como o son, por suposto, os que atoparás nas tendas La Bodeguilla.

Sexa como sexa, que non che esqueza a palabra máxica: "quérote", papá. 

¡Compártelo!