Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Borges: 125 anos de sabor

26/04/2024 · Bodeguilla de San Lázaro

A sala de catas de San Lázaro foi, de novo, un templo do aroma e o sabor. Neste caso, o protagonista foi o aceite de oliva virxe extra. Para a presentación deste alimento clave da dieta mediterránea, estivo con nós Antonio Jesús Angiano, Food service specialist en Borges- Capricho Andaluz.

Foi, esta, unha cata na que saboreamos unha selección de AOVES monovarietais, Arbequina, Picual, Hojiblanca... elaborados por Borges. Cabe sinalar que esta empresa familiar conta con máis de 125 anos de historia no sector da xestión de explotacións agrícolas, envasado e comercialización de aceites de oliva. Auténticos manxares!

¡Compártelo!