Seguimos coñecendo xoias en botella! Nesta ocasión, cunha cata en Bodeguilla de San Lázaro. Para dirixir a presentación dos viños, contamos con Fernando Guedes, membro da Familia Guedes en cuarta xeración, director de expansión das marcas de Sogrape.
Na familia Guedes, o viño é unha forma de ser e de estar na vida. Do soño dun home constrúese unha herdanza que se renova en cada xeración. En concreto, Fernando proponnos catar viños de diversas rexións do noso veciño Portugal: Dao, Douro, Alentejo, Bucelas… Un patrimonio xenético con máis de 250 variedades de uva confírelle aos viños portugueses unha identidade diferenciadora.