Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Recibimos a visita de Bodegas A Telleira, acabada de premiar en distintos certames vinícolas

22/09/2023 · Bodeguilla de San Lázaro

Logo do descanso estival, volvemos cunha presentación de viños do grupo GRM, formado por Bodegas Morgadío, na D.O. Rías Baixas, Bodegas Reboreda e Bodegas A Telleira, na D.O. Ribeiro. Para dirixir esta actividade, contamos en Bodeguilla de San Lázaro con Jacob Sanjurjo, director comercial do Grupo GRM.

Debes saber que 3 viños desta adega acaban de recibir cadanseu “Ouro” na Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2023, así como un “Gran Ouro” no concurso de viños Vinespaña 2023. 

Nesta ocasión contamos varietais de Bodegas A Telleira: Godello, Treixadura, Loureira, Caíño Branco e Mencía. Non só estamos a coñecer estas variedades, tamén nos están a sorprender os diferentes métodos de elaboración

A Telleira é un triángulo máxico formado por tres parcelas con diferentes tipos de solo: arxiloso, canto rodado e franco-areoso. Na antigüidade, nesta parcela elaborábanse as tellas de barro cocido que cubrían os tellados das casas. De aquí a orixe do seu nome.

¡Compártelo!