Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Bodeguilla Store, agora tamén a través de Obvious Eat

11/08/2021 · Las Bodeguillas

Imaxina que esqueciches un aniversario e que non se che ocorre nada de última hora que agasallar ou, pola contra, que estás a celebrar unha data sinalada e non tes con que brindar no teu fogar. Esperamos que non teñas que verte nesta situación, mais, de ser así, traémosche a solución a mans da Bodeguillas Store.

Se primeiro foron os nosos locais, o de Santa Marta e o de San Lázaro, que se uniron á maravillosa iniciativa de reparto de comida a domicilio de Obvious Eat, agora tamén podedes gozar desas bebidas, embutidos ou packs que tanto vos gustan, na vosa casa. Lévámoscho até a túa porta!

Preparamos para entrega a domicilio diferentes embutidos e xamóns, escumosos doces, rosados, refrescos e augas, magnum brancos e tintos, cervexas, variedade de brancos e tintos nacionais e internacionais, viños de sobremesa, champaña, cava e escumoso galego e estoxos para agasallar.

Fai xa o teu pedido na app ou na web de Obvious Eat e terás a Bodeguilla na túa morada en menos de media hora.

¡Compártelo!