Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Volta a Compostela: 5 imprescindibles na axenda cultural de setembro

18/09/2023 · Las Bodeguillas

Ben é sabido que a chegada de setembro é sinónimo de volta á rutina, aos centros escolares e ao fogar. Malia que algúns aborrecen a fin do verán, outros encontran nela os novos inicios e novas oportunidades características desta tempada. Como non podía ser doutro modo, retornar á cidade tamén é unha ocasión para retomar contacto coas diferentes actividades culturais que esta nos ofrece.

Festival MARÉ- Músicas e Artes Atlánticas 2023

Do 20 ao 24 de setembro será posible desfrutar do festival MARÉ, unha referencia intercultural e de diálogo entre músicas e outras artes dos dous lados do Atlántico.

O encontro aposta pola diversidade, polo intercambio cultural, pola inclusión social, o feminismo e a sostibilidade ambiental. Este é, sen dúbida, un festival que defende a multiciplidade de voces dun mundo comprometido e reivindicativo, especialmente entre as mulleres.

Podes consultar aquí a programación por días e espazos.

XXII Agustín Magán

O Festival de Teatro Afeccionado trae a Compostela a súa vixésimo segunda edición. A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) trae consigo unha programación gratuíta espallada por distintos puntos da cidade.

O 22 de setembro ás 19.00 horas, a Asociación dramatúrxica Pico do Castro interpretará “O Randiña”. O 23 de setembro será a quenda de Ditirambo teatro con “Apuntamentos para un magnicidio”.

Podes consultar o evento en detalle aquí.

Entre presenzas e ausencias

Con motivo da celebración do Día do Alzhéimer, o  vindeiro xoves 21, o Centro Sociocultural de Vite acolle a exposición “Entre presenzas e ausencias”. Esta mostra está composta por máis de setenta obras realizadas por doentes de Alzhéimer en fase moderada-avanzada e os seus coidadores e excoidadores.

Con ela, preténdese desestigmatizar e dar visiblidade á importante labor que teñen os coidadores a diario no coidado deste tipo de afeccións. 

Máis información, aquí.

Grande Amore

A Sala Malatesta acollerá o próximo venres 22 de setembro un concerto de Grande Amore. Nel poderemos desfrutar do rock & roll, sintetizadores, caixas, ritmos e guitarras.

Se queres bailar e cantar ao ritmo dos artistas galegos, podes pinchar aquí.

Las noches de Ortega

O Auditorio Abanca será o escenario, o próximo venres 22, dun show en directo cunha mecánica ligada ao particular universo de Juan Carlos Ortega e a todo o humor que o caracteriza.

Na velada incluirá as súas peculiares chamadas, proxección de vídeos e personaxes tan coñecidos como Marco Antonio Aguirre, entre outros. Podes atopar máis información aquí.

Con estes e outros moitos máis eventos, é así que damos por inaugurada unha nova tempada cultural en Compostela.

¡Compártelo!