Logo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Volve a San Lázaro "Wine Up Tour"

09/06/2023 · Bodeguilla de San Lázaro

Logo de 4 anos, volveu á nosa sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro  "Wine Up Tour". Sen saír de Compostela, realizamos unha viaxe por toda España da man de Joaquin Parra, autor da guía de viños Wine Up. 

Desfrutamos dunha magnífica cata con cea nesta Tertulia Bodeguilla: croca, xarda, arroz de rape, miniburguer de ibérico, xarrete de tenreira ou torta americana foron parte do menú da noite.

En copa, saboreamos Lusco Albariño 2022 (Pazo de Lusco), Mara Moura Godello 2021 e Martín Códax Lías 2020 (Bodegas Martín Códax), Altolandon by Rosalia 2018 (Altolandon), Verum Las Tinadas Cencibel 2016 (Bodegas y Viñedos Verum), Antonio Serrano Etiqueta Negra 2019 (Antonio Serrano Viticultor), Finca Moncloa Tintilla de Rota 2019 (Finca Moncloa), Balcón de Pilatos Maturana 2019 by Valdemar (Bodegas Valdemar) e Dominio del Prior Petit Verdot 2016 (Finca el Refugio). Deste xeito, D.O. Rías Baixas, D.O. Monterrei, D.O.C. Rioja, D.O. Manchuela, viños da terra de Castela e viños de Cádiz estiveron sobre a mesa.  

 

 

¡Compártelo!