Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Mas Alta: terra singular, agricultura amigable e viños únicos

09/03/2023 · Bodeguilla de Santa Marta

Dende Tarragona a Compostela. La Bodeguilla de Santa Marta acolleu a presentación de Bodegas Mas Alta, adega da D.O.Q. Priorat. Dende 1999 veñen rehabilitando e plantando máis de 40 hectáreas no municipio de La Vilella Alta, sobre antigos viñedos en abandono

Estivo con nós no noso restaurante Manel Subirá, director comercial de Bodegas Mas Alta, para presentarnos estes viños. Na cociña, Diego García e o seu equipo elaboraron tentacións á medida destes caldos!

Cabe sinalar que o compromiso da nosa protagonista deste evento, Bodegas Mas Alta, é coa agricultura perenne. Busca así a expresión mellor acabada desta terra, orientada cara a unha agricultura amigable que persegue o equilibrio entre home e natureza. Falamos pois dunha viticultura moi precisa, co reto de ofrecer un viño fiel ás condicións naturais do entorno. Cabe sinalar que dende o 2009 teñen a totalidade dos viñedos rexistrados oficialmente no "Consejo Catalán de la Producción Agraria Ecológica"

Para finalizar, da cociña saíron: *Ensalada temperada de bacallao con verduras e vinagreta caramelizada *Crocante de zamburiñas con prebe de mariñeira *Brocheta de verduras a prancha con prebe Romescu *Polo de curral a cervexa negra con patacas palla *Tataki de vaca con cebola morada e prebe ponzu *Pasteliño de chocolate con trufa

 

 


 

 

¡Compártelo!