Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Las Bodeguillas

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Roque, San Lázaro y Santa Marta. Restaurantes en Santiago de Compostela.

De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela 19 ago

De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela

19/08/2025

Santiago de Compostela é unha cidade recoñecida polo seu carácter monumental e espiritual, pero tamén é un lugar cheo de propostas que permiten gozar do verán dun xeito distinto. A calor non sempre é doada de levar pero nesta cidade existen alternativas refrescantes, menos convencionais e con moito encanto. Hoxe propoñémosche unha selección de plans para aproveitar a cidade -e recunchos limítrofes- nos días máis cálidos do ano. Á sombra dos carballos e das sendas naturais Se a pedra quente do ...

Leer más

Día de Galicia: así serán as festas do Apóstolo en Compostela 17 jul

Día de Galicia: así serán as festas do Apóstolo en Compostela

17/07/2025

As rúas de Compostela xa arrecenden a festa. Do 18 ao 31 de xullo, a capital galega énchese de vida coas Festas do Apóstolo, unha cita obrigada para a veciñanza e visitantes que cada ano se achegan a desfrutar do Día de Galicia. Este ano, como en anteriores edicións, o programa vén cargado de actividades para todos os gustos, dende concertos e danza ata cinema ao aire libre. A festa comezará o venres 18 de xullo cun espectáculo internacional de danza contemporánea na Praza de San Martiño Pinari...

Leer más

San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade 17 jun

San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade

17/06/2025

Chega o verán a Santiago de Compostela e, con el, unha das noites máis máxicas do ano: a noite de San Xoán. Como cada 23 de xuño, dende a Praza de Mazarelos, a cidade énchese de lume, música, tradicións ancestrais e un espírito comunitario que nos achega á nosa cultura.  O San Xoán é moito máis ca unha simple noite de fogueiras. É unha homenaxe ao solsticio de verán, ao poder do lume como elemento purificador e á forza das herbas que recollidas esa noite adquiren propiedades máxicas. Durante to...

Leer más

Ascensión 2025: Compostela celebra a súa identidade cunha programación chea de música e tradición 19 may

Ascensión 2025: Compostela celebra a súa identidade cunha programación chea de música e tradición

19/05/2025

Do 28 de maio ao 1 de xuño, Santiago de Compostela engalanarase para recibir unha nova edición da Ascensión, unha das citas máis emblemáticas do calendario cultural da capital galega.  Un dos aspectos chave desta Ascensión 2025 é a accesibilidade e gratituidade. Todas as actividades son de balde e de acceso libre ata completar aforo, salvo contadas excepcións, como o concerto da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia. Ademais, haberá horarios inclusivos sen ruído nos días 23 e 31 d...

Leer más

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025

Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata o 10 de marzo na Oficina de Turismo de Santiago. Este ano, xunto con outras propostas decidiuse apostar por tapas doces, sen glute ou vexetarianas. Para participar, é necesario contar co Tapasporte, u...

Leer más

Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025

Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos caracteriza. A nosa carta sen glute inclúe unha coidada selección de pratos que reflexan o mellor da nosa cocina tradicional e de tempada. Desde frescas combinacións que resaltan o mellor dos produtos do ma...

Leer más