Co remate de abril acollemos unha nova cata degustación en Bodeguilla de San Lázaro. Nesta ocasión, presentamos unha adega de Valdeorras: Adegas Joaquín Rebolledo. Esta adega nace da ilusión e o conñecemento do viñedo e do vinño de Valdeorras do seu fundador, Joaquin Rebolledo, alá polos anos 1980.
A filosofía de Joaquín Rebolledo foi sempre a de ser pioneiro, buscando novas tendencias e apoiándose na base do seu terreo e na sabedoría propia destes vales. Dende hai máis de 40 anos, esta adega conta con 40 hectáreas de viñedo propio perfectamente orientadas ao sol, con solos de lousa e arxilosos, onde ademais medran castiñeiros e oliveiras.
Dende os miradoiros das viñas, a 700 metros de altitude, contémplase o leito do Sil con todos os seus viñedos, nunha zona onde as diferenzas térmicas entre o día e a noite poden pasar dos 20 graos. Os seus viñedos de Godello teñen unha idade media de 35 anos e cepas da variedade mencía que, xunto cos coñecementos da variedade e un traballo exquisito e minucioso, garanten uns viños de calidade, con personalidade, capaces de sorprender, "viños orgullosos da súa orixe".