Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Viños que miran ao Sil

Publicado: 25 de abril de 2025, 11:55
  1. Bodeguilla de San Lázaro
Viños que miran ao Sil

Co remate de abril acollemos unha nova cata degustación en Bodeguilla de San Lázaro. Nesta ocasión, presentamos unha adega de Valdeorras: Adegas Joaquín Rebolledo. Esta adega nace da ilusión e o conñecemento do viñedo e do vinño de Valdeorras do seu fundador, Joaquin Rebolledo, alá polos anos 1980. 

A filosofía de Joaquín Rebolledo foi sempre a de ser pioneiro, buscando novas tendencias e apoiándose na base do seu terreo e na sabedoría propia destes vales. Dende hai máis de 40 anos, esta adega conta con 40 hectáreas de viñedo propio perfectamente orientadas ao sol, con solos de lousa e arxilosos, onde ademais medran castiñeiros e oliveiras.

Dende os miradoiros das viñas, a 700 metros de altitude, contémplase o leito do Sil con todos os seus viñedos, nunha zona onde as diferenzas térmicas entre o día e a noite poden pasar dos 20 graos. Os seus viñedos de Godello teñen unha idade media de 35 anos e cepas da variedade mencía que, xunto cos coñecementos da variedade e un traballo exquisito e minucioso, garanten uns viños de calidade, con personalidade, capaces de sorprender, "viños orgullosos da súa orixe".

 

Noticias relacionadas

A Festa da Uña 2025 chega a Santiago de Compostela 28 mar

A Festa da Uña 2025 chega a Santiago de Compostela

A tradicional Festa da Uña chega un ano máis ao barrio compostelán de San Lázaro, coincidindo co quinto domingo de Coresma, tamén coñecido como Domingo de Lázaro ou Domingo de Paixón. Este evento, que se celebra do 4 ao 7 de abril, é unha das festividades máis antigas e representativas da cidade,
Viños de diferentes castes de Galicia, en Bodeguilla de San Lázaro 28 mar

Viños de diferentes castes de Galicia, en Bodeguilla de San Lázaro

A Bodeguilla de San Lázaro acolleu co remate de marzo unha  "cata degustación" de viños do grupo Grandes Pagos Gallegos e Adegas Ponte da Boga.  Estas adegas están presentes en diferentes DD.OO.: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei e Ribeiro, Quinta do Couselo, Ponte da Boga, Fragas do Lecer e
Paixón e tradición no cultivo das viñas 29 nov

Paixón e tradición no cultivo das viñas

En Bodeguilla de San Lázaro acollemos unha cata degustación de viños do grupo Viñedos y Bodegas Sierra Cantabria. Estivo con nós Gabriel Quezada Bendfelt, responsable nacional de vendas do grupo.  Desde 1870, cinco xeracións da Familia Eguren consagraron os seus esforzos ao cultivo das viñas e á
Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón 28 jun

Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón

A piques de rematar as Actividades Culturais de La Bodeguilla desta tempada, acollemos en La Bodeguilla de San Lázaro un evento ben especial. A protagonista, Bodegas Enate.  Esta adega é referente e unha das impulsoras da D.O. Somontano en Aragón e nós temos a sorte de contar hoxe con Jesús Sesé