A Conserveira, Grandes Pagos Gallegos & Vueve Clicquot: acollemos unha actividade moi singular e especial, unha degustación de produtos das nosas rías, acompañados de viños de gran calidade galegos e un francés. Para esta importante cita, contamos con David Barco, sumiller e delegado nacional do grupo GPG e con Diego Gonzalez director comercial de A Conserveira. Comeza o salón dos sabores!
Sabías que en A Conserveira elaboran, dende 1994, conservas de peixes e mariscos de moi alta calidade, procedentes exclusivamente das ri´as galegas? O seu é paixo´n pola excelencia gastrono´mica.
Pola súa banda, Grandes Pagos Galegos de Viticultura Tradicional elabora viños a partir das tres grandes variedades autóctonas brancas galegas -treixadura, albariño e godello- así como as mellores variedades tintas -mencía, caíño, brancellao e sousón- buscando as zonas onde mellor se expresen cada unha delas.
Saboreamos Quinta do Couselo, Finca Vin~oa, Capricho de Souson, Pizarras y Esquistos e Veuve Clicquot con polbo das ri´as galegas en aceite de oliva, mexillóns das ri´as galegas fritos en escabeche, mexillóns afumados en aceite de oliva, navallas das ri´as galegas en aceite de oliva e xouba de Rianxo en aceite de oliva!