Logo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Temas

Conservas e albariño, unha parella perfecta

26/05/2023 · Bodeguilla de San Lázaro

Nunha saborosa cata con tapa cociñamos, en San Lázaro, con A Conserveira! Os mellores produtos das nosas rías xuntáronse cos viños dunha das adegas con máis tradición na elaboración de albariño nas Rías Baixas: Pazo de Señoráns.

Para o evento, estiveron con nós nesta Actividade Bodeguilla “Catas e Tapas” Diego González, director comercial de A Conserveira, e Manuel Grobas, director comercial de Pazo de Señoráns. Graciñas por acompañarnos nesta xornada tan especial! A Conserveira naceu no 1994 en Ribeira. Dende aquela, deléitanos con conservas de peixes e mariscos de altísima calidade que elaboran de xeito artesanal. Como nos están a sorprender as súas presentacións!

Pola súa banda, Pazo de Señorans é unha adega da D.O. Rías Baixas, na subzona Val do Salnés. Traballo rigoroso no campo, vendima manual e unha excelente climatoloxía proporcionan un albariño que pon en valor o carácter varietal da uva e a elegancia dos seus solos areosos. 

En concreto, Probamos: 

*Mexillóns das Rías Galegas fritidos, en escabeche 

*Navallas das Rías Galegas en AOVE e emulsión de lima 

*Sardiñiñas do Atlántico en AOVE, cachelos e pementos D.O.P. Herbón “Carmucha” 

*Ventresca de Bonito do norte en AOVE, con tomate azul

*Berberecho de Noia ao natural, en crema de chícharos da horta de Ordes 

*Sardiñas Milésime de añada en AOVE coa súa Broa “Sardiña de San Xoán” 

¡Compártelo!