Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela
Bodeguilla de San Lázaro

981 566 607 Ver web RESERVAR

Bodeguilla de Santa Marta

981 813 520 Ver web RESERVAR

Bodeguilla de San Lázaro

981 566 607 Ver web RESERVAR

Bodeguilla de Santa Marta

981 813 520 Ver web RESERVAR

Os teus restaurantes de confianza en Santiago de Compostela!

Nacidos en 1986, a nosa casa fundouse sobre unha antiga taberna de orixes perdidas no tempo. Estamos comprometidos coa cultura local de Santiago de Compostela posto que é a nosa referencia.

Cremos que a gastronomía é cultura e o traballo directo cos produtores o que nos permite xerar riqueza nas súas áreas, pero non só económica, senón tamén humana. Nestes 30 anos, vimos moitos cambios e sempre quixemos estar neles para crecer e adaptarnos tanto na Bodeguilla de San Lázaro, como na Bodeguilla de Santa Marta.

As suxestións do día marcan un pouco a orde da cociña; peixes, carnes e verduras da praza diaria completan a nosa oferta onde os pratos para compartir ao redor dunha mesa e unha botella de viño defínenos. Contamos cunha cociña de elaboración tradicional con produtos de tempada e preparacións moi coidadas con toques vangardistas.

As nosas bodeguillas están en Santiago de Compostela, visítanos!

Últimas novidades nas Bodeguillas

San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade 17 jun

San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade

17/06/2025 Las Bodeguillas
Chega o verán a Santiago de Compostela e, con el, unha das noites máis máxicas do ano: a noite de San Xoán. Como cada 23 de xuño, dende a Praza de Mazarelos, a cidade énchese de lume, música, tradicións ancestrais e un espírito comunitario que nos achega á nosa cultura.  O San Xoán é moito máis ca unha simple noite de fogueiras. É unha homenaxe ao solsticio de verán, ao poder do lume como elemento purificador e á forza das herbas que recollidas esa noite adquiren propiedades máxicas. Durante toda a xornada, os barrios da cidade vanse preparando para a festa, que terá o seu epicentro na Praza
Conservas da ría acompañadas de viños galegos e un francés 5 jun

Conservas da ría acompañadas de viños galegos e un francés

A Conserveira, Grandes Pagos Gallegos & Vueve Clicquot: acollemos unha actividade moi singular e especial, unha degustación de produtos das nosas rías, acompañados de viños de gran calidade galegos e un francés. Para esta importante cita, contamos con David Barco, sumiller e delegado nacional do grupo GPG e con Diego Gonzalez director comercial de A Conserveira. Comeza o salón dos sabores! Sabías que en A Conserveira elaboran, dende 1994, conservas de peixes e mariscos de moi alta calidade, procedentes exclusivamente das ri´as galegas? O seu é paixo´n pola excelencia
Ascensión 2025: Compostela celebra a súa identidade cunha programación chea de música e tradición 19 may

Ascensión 2025: Compostela celebra a súa identidade cunha programación chea de música e tradición

19/05/2025 Las Bodeguillas
Do 28 de maio ao 1 de xuño, Santiago de Compostela engalanarase para recibir unha nova edición da Ascensión, unha das citas máis emblemáticas do calendario cultural da capital galega.  Un dos aspectos chave desta Ascensión 2025 é a accesibilidade e gratituidade. Todas as actividades son de balde e de acceso libre ata completar aforo, salvo contadas excepcións, como o concerto da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia. Ademais, haberá horarios inclusivos sen ruído nos días 23 e 31 de maio e 1 de xuño, entre as 17:00 e as 19:00 horas, para facilitar a participación de persoas con
Viños que miran ao Sil 25 abr

Viños que miran ao Sil

Co remate de abril acollemos unha nova cata degustación en Bodeguilla de San Lázaro. Nesta ocasión, presentamos unha adega de Valdeorras: Adegas Joaquín Rebolledo. Esta adega nace da ilusión e o conñecemento do viñedo e do vinño de Valdeorras do seu fundador, Joaquin Rebolledo, alá polos anos 1980.  A filosofía de Joaquín Rebolledo foi sempre a de ser pioneiro, buscando novas tendencias e apoiándose na base do seu terreo e na sabedoría propia destes vales. Dende hai máis de 40 anos, esta adega conta con 40 hectáreas de viñedo propio perfectamente orientadas ao sol, con solos de lousa e
Bodega Barcolobo, o soño dunha familia feito viño 4 abr

Bodega Barcolobo, o soño dunha familia feito viño

A pasada noite recibimos en Bodeguilla Santa Marta a unha adega de Castronuño, Valladolid: Bodega Barcolobo, Familia Rincón, o "soño dunha familia feito viño". Para esta ocasión, contamos con Inma Ollero, directora xeral de Bodegas Barcolobo, para dirixir a cata destes viños tan singulares.  Sabías que esta adega se atopa nunha contorna privilexiada? Trátase da Reserva Natural "Riberas de Castronuño – Vega del Duero". A adega posúe unhas parcelas seleccionadas na Finca La Rinconada, unha extraordinaria e pintoresca paraxe natural con longa tradición agraria que, xunto coa súa filosofía
A Festa da Uña 2025 chega a Santiago de Compostela 28 mar

A Festa da Uña 2025 chega a Santiago de Compostela

A tradicional Festa da Uña chega un ano máis ao barrio compostelán de San Lázaro, coincidindo co quinto domingo de Coresma, tamén coñecido como Domingo de Lázaro ou Domingo de Paixón. Este evento, que se celebra do 4 ao 7 de abril, é unha das festividades máis antigas e representativas da cidade, marcando o inicio da Semana Santa. Durante tres xornadas, os veciños do barrio reúnense para gozar dun festín gastronómico único, no que destacan as famosas uñas de porco acompañadas de col, chourizo e patacas. Este prato sérvese en diversos restaurantes da zona, entre eles A Bodeguilla de San
Viños de diferentes castes de Galicia, en Bodeguilla de San Lázaro 28 mar

Viños de diferentes castes de Galicia, en Bodeguilla de San Lázaro

A Bodeguilla de San Lázaro acolleu co remate de marzo unha  "cata degustación" de viños do grupo Grandes Pagos Gallegos e Adegas Ponte da Boga.  Estas adegas están presentes en diferentes DD.OO.: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei e Ribeiro, Quinta do Couselo, Ponte da Boga, Fragas do Lecer e Finca Viñoa. O encargado de dirixir a cata foi David Barco, sumiller e delegado nacional do grupo, que nos presentou viños de diferentes castes nobres de Galicia, como Albariño do Rosal, Treixadura do Ribeiro, Mencia de Monterrei, Merenzao, Sousón e Brancellao da Ribeira Sacra, novas anadas de
As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata o 10 de marzo na Oficina de Turismo de Santiago. Este ano, xunto con outras propostas decidiuse apostar por tapas doces, sen glute ou vexetarianas. Para participar, é necesario contar co Tapasporte, un documento en formato libro que se poderá recoller dende o inicio do evento na Oficina de Turismo

Queres reservar mesa na Bodeguilla de San Lázaro?

  • Dirección: San Lázaro, 104 - Santiago de Compostela
  • Teléfono: 981 566 607
  • Horario: De luns a sábado de 9:00 a 00:00.
    Domingos de 10:00 a 16:00.

Queres reservar mesa na Bodeguilla de Santa Marta?

  • Dirección: Avda. da Liberdade, 11 - Santiago de Compostela
  • Teléfono: 981 813 520
  • Horario: De luns a vernes de 9:00 a 00:00.
    Sábados e domingos de 10:30 a 00:00.

Pratos tradicionais con toques vangardistas

Cociña galega con produtos de tempada

Subvenciones Xunta de Galicia Subvenciones Xunta de Galicia
Subvenciones Xunta de Galicia