Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade

Publicado: 17 de junio de 2025, 12:29
  1. Las Bodeguillas
San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade

Chega o verán a Santiago de Compostela e, con el, unha das noites máis máxicas do ano: a noite de San Xoán. Como cada 23 de xuño, dende a Praza de Mazarelos, a cidade énchese de lume, música, tradicións ancestrais e un espírito comunitario que nos achega á nosa cultura. 

O San Xoán é moito máis ca unha simple noite de fogueiras. É unha homenaxe ao solsticio de verán, ao poder do lume como elemento purificador e á forza das herbas que recollidas esa noite adquiren propiedades máxicas. Durante toda a xornada, os barrios da cidade vanse preparando para a festa, que terá o seu epicentro na Praza de Mazarelos. Esta localización da zona vella acolle un programa pensado para todos os públicos e convida a participar activamente na festa. Desde primeiras horas da tarde, a música tradicional percorrerá cada recuncho do casco histórico co pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Argalleiros, e a praza convertirase nun espazo de aprendizaxe e entretemento con obradoiros de baile, pandeiretas e xogos musicais.

Ademais, para quen queira mergullarse nas raíces da festa, previa reserva, organizan percorridos botánicos polas beiras do río Sar. Neles recólleranse as herbas máxicas do San Xoán, todas aquelas que, somerxidas en auga durante a noite, usaranse ao amencer para lavar a cara e afastar os males. Xa a partir das 21:30, a música colle forza coa actuación de Cantigas e Agarimos, que dará paso a unha foliada aberta onde quen queira poderá participar bailando.

Santiago é fermoso durante todo o ano, pero nas noites coma esta, cando as rúas se iluminan coas lapas das  cacharelas e o arrecendo a sardiña impregna o aire, a cidade latexa con forza. E nós agardámosvos para compartilo á nosa maneira, con boa mesa e esa calor humana que tanto nos caracteriza.

Noticias relacionadas

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de
Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026 Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de