Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Lagar de Pintos protagoniza unha cata vertical en San Lázaro

Publicado: 05 de mayo de 2023, 09:18
  1. Bodeguilla de San Lázaro
Lagar de Pintos protagoniza unha cata vertical en San Lázaro

Acollemos en Bodeguilla de San Lázaro unha cata vertical con Lagar de Pintos. Estivo con nós Marta Castro, enóloga e propietaria de Lagar de Pintos Bodegas y Viñedos, que pertence á cuarta xeración desta familia de adegueiros de Ribadumia. 

Sabías que esta adega da D.O Rías Baixas foi fundada no 1887? 136 anos de historia que hoxe se mostran nunha adega moderna, eficiente e con viños de personalidade propia. Outra das características de Lagar de Pintos é, sen dúbida, o respecto pola súa contorna. Trátase de coidar os seus viñedos -por certo, algún de máis de 50 anos de vida- sen pór en perigo o espazo no que se asentan nesta subzona Val do Salnés. 

E, por suposto, catamos a colleita de 2022 con pinchos acabadiños de saír da cociña de San Lázaro! 

Noticias relacionadas

Paixón e tradición no cultivo das viñas 29 nov

Paixón e tradición no cultivo das viñas

En Bodeguilla de San Lázaro acollemos unha cata degustación de viños do grupo Viñedos y Bodegas Sierra Cantabria. Estivo con nós Gabriel Quezada Bendfelt, responsable nacional de vendas do grupo.  Desde 1870, cinco xeracións da Familia Eguren consagraron os seus esforzos ao cultivo das viñas e á
Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón 28 jun

Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón

A piques de rematar as Actividades Culturais de La Bodeguilla desta tempada, acollemos en La Bodeguilla de San Lázaro un evento ben especial. A protagonista, Bodegas Enate.  Esta adega é referente e unha das impulsoras da D.O. Somontano en Aragón e nós temos a sorte de contar hoxe con Jesús Sesé
21 jun

"Wine Up Tour" fai parada en San Lázaro

Voltou un clásico na Bodeguilla: chegou á nosa sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro "Wine Up Tour", unha viaxe por toda España a través dos viños. Fixemos este percorrido da man de Joaquin Parra, autor da guía de viños WINE UP ! e tamén viaxeiro do viño. Saboreamos Martin Códax Albariño 2023,
Borges: 125 anos de sabor 26 abr

Borges: 125 anos de sabor

A sala de catas de San Lázaro foi, de novo, un templo do aroma e o sabor. Neste caso, o protagonista foi o aceite de oliva virxe extra. Para a presentación deste alimento clave da dieta mediterránea, estivo con nós Antonio Jesús Angiano, Food service specialist en Borges- Capricho Andaluz. Foi,