Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Categorías

Tertulias Bodeguilla con Bodegas Navarro López

27/06/2019· Bodeguilla de San Lázaro

O mércores 26 de xuño celebramos unha das últimas actividades culturais da Bodeguilla de San Lázaro para esta tempada. Recibimos a visita de Paco Navarro do grupo de Bodegas Navarro López, unha adega familiar fundada en 1904 en Valdepeñas. Esta adega elabora viños de diversas denominacións de orixe: DO Rioja, DO Ribera del Duero, DO Rias Baixas, DO Vino de Toro e DO Vino de la Mancha.


Os asistentes degustaron pratos especialmente elaborados pola nosa cociña para este día: brie con mermelada de froitos vermellos, carpaccio de solombo de tenreira as finas herbas con xeado de mostaza, yellowfin con espaguetis de calabacín e soja, bocata de pan bao con tenreira, mini burguer de boi con chips, carré de cordeiro asado e de postre xeado de mazá sobre cama de hoxaldre.


Gracias a todos os que nos acompañastes esta tempada e vémonos para a próxima.