Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Categorías

Tertulias Bodeguilla con... Vicente Almodóvar & Bodegas Muga

22/11/2019· Bodeguilla de Santa Marta

As nosas Tertulias Bodeguilla trasladáronse nesta ocasión ata a Bodeguilla de Santa Marta para celebrar unha cata didáctica con cea grazas a Bodegas Muga e Vicente Almodóvar. Comezamos cuns mexillóns en salsa verde ao aroma de cava acompañados con Cava Conde de Hari, brut vintage. Pola súa banda, un Muga Crianza 2016 acompañou a un timbal de tomate da horta con láminas de bacallau e salsa tártara. Finalmente, arroz negro, polo de corral e ragout de xabarín foron os pratos principais acompañados de caldos coma Muga Reserva Selección Especial 205, Prado Enea Gran Reserva 2011 e Torre Muga 2016.