Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Las Bodeguillas - Página 9

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Roque, San Lázaro y Santa Marta. Restaurantes en Santiago de Compostela.

Merca e desfruta local: todo o que Santiago nos ofrece este Nadal 13 dic

Merca e desfruta local: todo o que Santiago nos ofrece este Nadal

13/12/2021

Malia que Vigo é a protagonista galega cando se fala de Nadal, Santiago de Compostela non lle ten nada que envexar á cidade olívica: mercadiños de artesanía, espectáculos musicais para divertirse en familia, espectáculos de luces, beléns tradicionais e moito máis que che explicamos aquí. Mercados de Nadal Un clásico desta época en Compostela e que xa podemos visitar é o Mercado de Nadal na rúa Carreira do Conde ao que se suma, a partires do 26 de decembro e até a véspera de Reis, o mercado de ...

Leer más

Un bocado de mar e outro da terra: as nosas apostas para o XIII Santiago(é)Tapas 11 nov

Un bocado de mar e outro da terra: as nosas apostas para o XIII Santiago(é)Tapas

11/11/2021

Despois do lapsus do 2020, hoxe arranca Santiago(é)Tapas coa súa décimo terceira edición e, como non podía ser doutro xeito, estamos a participar neste encontro tan esperado. A cita coas diferentes tapas santiaguesas, promovida por Turismo de Santiago e organizada pola Asociación Hostalaría Compostela, estenderase até o domingo 28 deste mes, así que non tes excusa para non probar o sabor da nosa gastronomía local. As nosas dúas propostas para este certame son dúas versión de pratos tradicionais...

Leer más

Fai o Camiño sen saír da túa casa 13 oct

Fai o Camiño sen saír da túa casa

13/10/2021

Se es deses intrépidos aos que lles gustaría facer o Camiño de Santiago pero a preguiza pode contigo, a plataforma Google Arts & Culture vén de publicar o proxecto ¡Buen Camino!, no que coñecer a natureza, cultura, gastronomía e xentes do camiño é posible sen nin sequera abandonar a comodidade do noso sofá. Anoa as botas porque aquí che explicamos en que consiste! Google Arts & Culture é unha iniciativa sen ánimo de lucro que traballa con institucións culturais e artistas de todo o mund...

Leer más

O Camiño de Santiago dende unha perspectiva que quizáis non coñecías 7 sep

O Camiño de Santiago dende unha perspectiva que quizáis non coñecías

07/09/2021

Con máis de 70.000 Compostelas e preto de 100.000 peregrinos no que vai de ano, non hai lugar a dúbidas de que realizar algunha das etapas do Camiño de Santiago está a ser un dos plans predilectos dos turistas nacionais e internacionais neste ano. E a nós, non se nos ocurriu nada mellor para celebrar estas boas cifras que indagando sobre datos curiosos do Camiño. Aquí vos presentamos algúns! Quen foi o primeiro peregrino? O denominado primeiro peregrino non foi outro que o rey asturiano Alfon...

Leer más

Bodeguilla Store, agora tamén a través de Obvious Eat 11 ago

Bodeguilla Store, agora tamén a través de Obvious Eat

11/08/2021

Imaxina que esqueciches un aniversario e que non se che ocorre nada de última hora que agasallar ou, pola contra, que estás a celebrar unha data sinalada e non tes con que brindar no teu fogar. Esperamos que non teñas que verte nesta situación, mais, de ser así, traémosche a solución a mans da Bodeguillas Store. Se primeiro foron os nosos locais, o de Santa Marta e o de San Lázaro, que se uniron á maravillosa iniciativa de reparto de comida a domicilio de Obvious Eat, agora tamén podedes gozar ...

Leer más

Propostas frescas para combater a calor estival 6 jul

Propostas frescas para combater a calor estival

06/07/2021

Agora que o período estival xa chegou, apetécenos saborear opcións máis frescas e lixeiras para sobrevivir ás altas temperaturas que están por vir. Por iso, traémosvos varias suxestións para darlle inicio ao verán con moito sabor. En primeiro lugar, queixo, embutidos ou xamón. Na nosa humilde opinión, a unha comida fáltalle sabor se non ten ningún compoñente desta tríada. Por sorte, nas nosas Bodeguillas temos variedade de queixos galegos artesáns (coma o do Cebreiro, Arzúa Ulloa, San Simón, La...

Leer más